Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2018 Páx. 10791

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 7 de febreiro de 2018, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a incoación do 21 de decembro de 2017, ditada no expediente sancionador AC-259/17, por infracción grave en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle, ao titular que no anexo se menciona a incoación de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse a notificación.

Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a Juan Luis Martínez Sieira, podendo a interesada promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A resolución do presente procedemento por infracción grave correspóndelle á directora da Axencia Turismo de Galicia, de acordo co establecido no artigo 19.4.g) dos estatutos da devandita axencia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro, en relación co artigo 119.1.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución do presente procedemento sancionador notificarase no prazo dun ano desde a data deste acordo.

A interesada dispoñerá dun prazo de quince días, conforme co establecido no artigo 82.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para achegar ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a el, cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, coa advertencia de que, de non formular alegacións no prazo sinalado, este acordo se considerará como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 64.1 da dita lei.

De conformidade co establecido no artigo 85.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, infórmase a persoa imputada de que a sanción sinalada no acordo de incoación poderá ser obxecto das seguintes reducións: o 20 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade ou pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución) ou o 40 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade e, ademais, pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución).

A Coruña, 7 de febreiro de 2018

A xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
P.S. (Resolución do 11.5.2017)
Mª Teresa Zas Candame
Xefa da Sección Turismo I

ANEXO

Expediente: AC-259/17.

Denunciada: sociedade Figueiras Verdia, S.L.

NIF: B70469044.

Establecemento: Casa Iván.

Enderezo: estivo situado na rúa Titanio, parcela E3, polígono industrial de Bértoa.

Localidade: Carballo.

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011.

Incoación: 21 de decembro de 2017.

Sanción: multa de novecentos un euros (901 €).

Importe da multa coa aplicación do 20 % de desconto: setecentos vinte con oitenta euros (720,80 €).

Importe da multa coa aplicación do 40 % de desconto: cincocentos corenta con oitenta euros (540,80 €).