Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2018 Páx. 10783

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 25 de xaneiro de 2018 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 17 de xullo de 2015, ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/62/2014-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 8 de novembro de 2017, resolución pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 17.7.2015, ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/62/2014-RP1, pola que se declaraban ilegalizables as obras de construción dunha vivenda unifamiliar, dun garaxe, e dunha grella-lareira no lugar de Vilar, San Pedro da Torre, no termo municipal de Padrenda, provincia de Ourense, por seren incompatibles co ordenamento xurídico, e confirmando, en consecuencia, a resolución impugnada.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a José Aurelio Fernández Riveira e Dolores Vázquez Estévez, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística