Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2018 Páx. 10785

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 25 de xaneiro de 2018 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 5 de setembro de 2016, ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/98/2012.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 20 de novembro de 2017, resolución pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 5.9.2016, ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/98/2012 ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, pola que se impoñía unha primeira multa coercitiva, ao incumprirse o ordenado na Resolución do 8.6.2015, confirmando, en consecuencia, a resolución impugnada e alzando a suspensión do acto administrativo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a María José Pérez Rodríguez e Manuel Limia Vázquez, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística