Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2018 Páx. 10749

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai publica a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Barquito Velero, S. Coop. Galega.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no artigo 53 establece a obrigatoriedade de publicar, no Diario Oficial de Galicia, a modificación do artigo 2 dos estatutos sociais (cambio domicilio social), da entidade Barquito Velero, S. Coop. Galega, acordada na reunión do órgano de administración do 1 de decembro de 2017 por unanimidade. Consta como novo domicilio social na rúa Ernesto Lecuona, nº 4-E, esquerda do concello de Vigo.

RESOLVO:

Dispoñer a publicación no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 2 dos estatutos (cambio domicilio social), da entidade Barquito Velero, S. Coop. Galega.

Vigo, 1 de febreiro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra