Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2018 Páx. 10743

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 decembro de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural (GNL) e a rede de distribución en MOP 0,4 bar para distribución de gas natural canalizado no concello de Celanova, na provincia de Ourense, promovido pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2016/23-0).

Logo de examinar o expediente instruído a pedimento da empresa Gas Galicia SDG, S.A., con enderezo para os efectos de notificacións na rúa Lisboa, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña), resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 11.4.2016 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou a resolución pola que se outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal de Celanova, na provincia de Ourense (expediente IN627A 2014/57-0), que se publicou no DOG o 23.5.2016 e no BOP de Ourense o 18.5.2016.

O proxecto que serviu de base para esta autorización administrativa recolle a instalación do módulo de regasificación de GNL na parcela de referencia catastral 32002A00300819 sita dentro do termo municipal de Celanova, así como na súa conexión, para o seu abastecemento de gas natural coa rede de distribución.

Segundo. O 10.8.2016 a empresa Gas Galicia SDG, S.A. presentou a solicitude de autorización administrativa e aprobación de execución do proxecto para a planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) e rede de distribución para subministración ao termo municipal de Celanova (Ourense).

Esta solicitude acompáñase do correspondente proxecto de execución, titulado Planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) e rede de distribución para subministración a Celanova (Ourense), asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández (colexiado nº 1534 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (COIIG) e as características básicas das instalacións son as seguintes:

• A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), cun depósito de almacenamento de 15 m3 (ampliables a 30 m3) e cuxa instalación está prevista na parcela de referencia catastral 32025085000080000QZ, polígono 85, parcela 08.

• A rede de distribución terá o seu comezo neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir adecuadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

• A rede de distribución de MOP 0,4 deseñouse cunha presión mínima de subministración de 0,25 bares, co fin de aproveitar as instalacións receptoras comunitarias e individuais subministradas en GLP.

Este proxecto de execución, tramitado baixo o nº de expediente IN627A 2016/23-0, someteuse non só ao procedemento de aprobación do proxecto de execución senon tamén ao procedemento de autorización administrativa porque a infraestrutura gasista difire da prevista no proxecto que serviu de base para o outorgamento da autorización administrativa a Gas Galicia SDG, S.A. para a distribución de gas natural no termo municipal de Celanova.

Terceiro. O 27.9.2016 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas trasladou as separatas técnicas do citado proxecto de Planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) e rede de distribución para subministración a Celanova presentado por Gas Galicia SDG, S.A. ao Concello de Celanova, Viaqua, S.A., Unión Fenosa Distribución, S.A., Telefónica de España, S.A., Conferación Hidrográfica do Miño-Sil, Axencia Galega de Infraestrutura (AXI), pola súa condición de entidades titulares de bens e dereitos afectados pola mencionada instalación e para os efectos de obter o seu informe ao respecto.

As entidades que contestaron presentaron os seus respectivos escritos manifestando a súa conformidade ao fixaren o seu condicionamento técnico, do cal se deu traslado á empresa promotora da instalación eléctrica proxectada, quen presentou a súa conformidade.

O Concello de Celanova non contestou a petición de informe nin a súa reiteración, e, en consecuencia, entendeuse a súa conformidade, de acordo co disposto no artigo 80 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural; todo isto sen prexuízo da autorización que, se for o caso, lle corresponda outorgar.

Cuarto. O 30.12.2016 a Subdirección Xeral de Enerxía emitiu un requirimento onde se solicitaba a capacidade técnica do autor do proxecto. O 6.2.2017 a empresa Gas Galicia SDG contestou o dito requirimento e achegou proxecto asinado por técnico competente.

Quinto. O 20.4.2017 a Dirección Xeral de Enerxía y Minas ditou resolución pola que se someteu a información pública o proxecto de autorización administrativa, promovido por Gas Galicia SDG, S.A., para a planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) e rede de distribución para a subministración ao termo municipal de Celanova (expediente IN627A 2016/23-0).

Esta resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 2.10.2017, no Boletín Oficial da provincia de Ourense do 21.6.2017 e nos xornais La Voz de Galicia e La Región do 15.9.2017, e tamén estivo exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Celanova desde o 15 de maio ata o 12 de xuño de 2017.

Durante o período de información pública legalmente establecido para este proxecto de autorización administrativa non se presentaron alegacións.

Sexto. O 6.11.2017 a Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Emprego e Industria (en diante, xefatura territorial) emitiu informe sobre o proxecto de autorización administrativa, promovido por Gas Galicia SDG, S.A., para a distribución de gas natural e planta satélite de almacenamento e regasificación (GNL) de Celanova, no cal se emite informe favorable ao proxecto e considera que non existen inconvenientes para a súa autorización.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas; no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas e a súa asignación á Consellería de Industria, Enerxía e Comercio; no Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria; en relación coa Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos; co Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural; co Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP); coa Orde da Consellería de Industria e Comercio do 30.11.1999 sobre a tramitación de autorizacións administrativas das canalizacións de gas; coa Lei 39/2015, do 1 de decembro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Segundo. O citado proxecto cumpre coas exixencias regulamentarias fixadas no Real decreto 919/2006, do 28 de xullo, polo que se aproba o regulamento técnico de distribución e utilización de combustibles gasosos e as súas instrucións técnicas complementarias ICG 01 a 11.

Terceiro. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

De acordo con todo o indicado, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas

RESOLVE:

• Outorgar a Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa para a instalación da planta satélite de almacenamento e subministración de gas licuado (GNL) e a rede de distribución en MOP 0,4 para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal de Celanova (Ourense).

• Aprobar o proxecto de execución da citada instalación.

Todo isto de acordo coas seguintes condicións:

Primeira. A autorización administrativa que se outorga afecta o termo municipal de Celanova, na provincia de Ourense, e inclúe a instalación da planta satélite de almacenamento e subministración de gas licuado (GNL) e a rede de distribución en MOP 0,4 para a distribución de gas natural canalizado do núcleo de poboación de Celanova de acordo coas especificacións e planos que figuran na documentación técnica seguinte, presentada por Gas Galicia SDG, S.A. e asinada polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández (colexiado nº 1534 del COIIG):

– Proxecto de autorización administrativa e de execución de Planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) e rede de distribución para subministración a Celanova (Ourense)-Xullo 2016.

Segunda. As instalacións e os seus montaxes deberán cumprir as disposicións e normas técnicas que en xeral sexan de aplicación e, en particular, as correspondentes ao Regulamento técnico de distribución e utilización de combustibles gasosos coas súas instrucións técnicas complementarias e as normas que os complementan, regulamentos electrotécnicos, normas UNE e demais normativa e directrices vixentes, así como cantas as substitúan ou se diten a nivel estatal ou desta comunidade autónoma, e deberán preverse para responder aos avances tecnolóxicos no campo do gas e lograr abastecementos flexibles e seguros.

Terceira. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria autorización previa da Dirección Xeral de Enerxía e Minas; no obstante, a Xefatura Territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes e debe comunicar a dita dirección xeral todas as resolucións que dite en aplicación da citada facultade.

Cuarta. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Una vez construídas as instalacións autorizadas, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de posta en servicio ante a xefatura territorial, quen deberá expedila despois das comprobacións técnicas que considere oportunas.

Quinta. Canto aos bens e dereitos afectados por esta infraestrutura gasista e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, a empresa promotora procederá a realizar os correspondentes cruzamentos e afeccións de acordo cos condicionados e informes emitidos por estes.

Sexta. A empresa promotora deberá iniciar a subministración de gas no prazo dun mes contado a partir da data en que a xefatura territorial formalice o acta de posta en marcha.

Sétima. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Oitava. A Administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto esta autorización por incumprimento das condiciones estipuladas, pola entrega de datos inexactos ou por calquera outra causa legal ou regulamentaria que así o prevexa.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que coiden pertinente.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas