Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2018 Páx. 10750

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de notificación de información pública do expediente IN407A 2016/1238-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro de 2015), notifícaselles aos interesados descoñecidos, dos cales se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, que se sinalan no anexo deste anuncio, o Acordo do 28 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construcción e declaración de utilidade pública, en concreto, do expediente indicado.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, polo que os interesados poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Sen prexuízo do anterior, este anuncio publícase tamén no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 6 de febreiro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/1238-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: anexo 1. Recuamento LMT SAD-704 contorno faro de Mera.

Concello: Oleiros.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados.

Número de predio: 5.

Lugar: O Castelo.

Cultivo: monte baixo.

Propietario: descoñecido.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica: metros lineais subterráneos 63.0. Metros cadrados subterráneos 189.0.