Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx. 10657

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2018 pola que se modifican os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen o contrato para a renovación do primeiro andar do mercado municipal, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo de crecemento sustentable 2014-2020.

missing image file

Que na Xunta de Goberno celebrada con data do 5 de febreiro de 2018 se aprobou o seguinte:

– A modificación dos pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen o contrato para a renovación da primeira planta do mercado municipal, no sentido que onde di: «Prazo para presentación de propostas: 15 días hábiles», debe dicir: «Prazo para a presentación de propostas: 26 días hábiles», no anexo I.3 do dito prego.

– A modificación do prego de cláusulas administrativas particulares do mencionado contrato no sentido que onde di, no anexo I.4 que a clasificación é a seguinte: «Grupo C. Subgrupo 4/6/9. Categoría 3», debe dicir no seu lugar a seguinte: «Grupo C. Subgrupo 4/6/9. Categoría 2».

– A publicación desta modificación nos boletíns oficiais que correspondan e na Plataforma de contratación do sector público, computándose o prazo para a presentación de ofertas desde a publicación do último destes anuncios.

Por isto, en cumprimento e de conformidade co mencionado acordo, procédese á publicación dos anuncios correspondentes no BOP e no DOG; figurando xa publicado na plataforma de contratación do sector público.

Pontevedra, 8 de febreiro de 2018

O alcalde
P.D. (Resolución do 21.4.2017)
Raimundo González Carballo
Concelleiro da Área de Contratación e Facenda