Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx. 10654

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2018 pola que se anuncia a licitación pública para a contratación do proxecto de acondicionamento da ponte do Burgo e a súa contorna, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo de Pontevedra 2014-2020.

missing image file

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, Michelena nº 30, 36001 Pontevedra. Teléfono: 986 80 43 29. contratacion@pontevedra.eu-www.pontevedra.gal. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local. Código NUTS: ES114.

2. Obtención da documentación e información: Servizo de Contratación. Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 886 21 28 43. www.pontevedra.gal-http://sede.pontevedra.gal

3. Obxecto: rehabilitación integral do espazo urbano. Prazo de execución: lote: si. Lote 1: 12 meses. Lote 2: 3 meses. Plurianual: si.

4. Revisión prezos: non. Variantes: non.

5. Códigos CPV08: lote 1: 45212314-0, 45212350-4, 45221119-9, 45233252-0, IA27-7, IA18-0. Lote 2: 45212314-0, 45212350-4, 45316100-6, IA27-7, CB18-5, CB22-7.

6. Clasificación contractual. Lote 1: grupo K, subgrupo 7, categoría 2; grupo G, subgrupo 6, categoría 4; grupo K, subgrupo 7, categoría 2. Lote 2: grupo K, subgrupo 7, categoría 2; grupo I, subgrupo 1, categoría 3.

7. Procedemento e forma de adxudicación: aberto criterios dous tipos. Anexo II do PCAP.

8. Orzamento base de licitación: lote 1: 1.405.453,51 euros máis o IVE 295.145,24 euros, o total é de 1.700.598,75 euros. Lote 2: 711.398,48 euros máis o IVE 149.393,68 euros, o total é de 860.792,16 euros. Existe o crédito orzamentario necesario para atender as obrigas económicas que deriven da contratación, con cargo á partida orzamentaria 2018-101533-61972. Este importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo de Pontevedra, 2014-2020.

9. Garantías. Provisional: non. Definitiva: si. 5 %.

10. Presentación de ofertas: cláusulas 6 y 7 do PCAP. Lugar: Oficina de asistencia ao Rexistro do Concello de Pontevedra.

11. Criterios de adxudicación e apertura das ofertas: segundo o establecido no prego.

Lote 1:

– Criterios cuantificados por xuízo de valor:

A.1. Plan de obra e protocolo ambiental e de seguridade: de 0 a 10 puntos.

A.2. Incremento do prazo de garantía e plan de mantemento: de 0 a 20 puntos.

– Criterios avaliables automaticamente por aplicación de fórmulas:

B.1. Oferta económica: de 0 a 50 puntos.

B.2. Oferta económica en relación coas melloras que se van ofertar: de 0 a 20 puntos.

Lote 2.

– Criterios cuantificados por xuízo de valor:

A.1. Incremento do prazo de garantía e plan de mantemento: de 0 a 20 puntos.

– Criterios avaliables automaticamente por fórmulas:

B.1. Oferta económica: de 0 de 65 puntos.

B.2. Oferta económica en relación coas melloras que se van ofertar: de 0 a 15 puntos.

Pontevedra, 10 de xaneiro de 2018

O alcalde
P.D. (Resolución do 21.4.2017)
Raimundo González Carballo
Concelleiro da Área de Contratación e Facenda