Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx. 10659

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO da licitación do acondicionamento integral do contorno da rúa Cruz Vermella, incluíndo as rúas Cruz Vermella, praza da Castaña, Salustiano Portela Pazos, Álvaro Cunqueiro e Padre Gaite.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. R/ Michelena, nº 30, 36001 Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: mellora integral da zona. Prazo de execución: dez (10) meses.

3. Procedemento e forma: aberto, criterios dous tipos: anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Orzamento de licitación total: 1.405.716,15 euros.

5. Garantías: provisional: non. Prazo de garantía: anexo I do PCAP.

6. Obtención da documentación e información: Servizo de Contratación. Teléfono: 986 80 43 00, fax: 886 21 28 43 e www.pontevedra.gal

7. Presentación de ofertas: cláusula 7 do PCAP.

8. Criterios de adxudicación e apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

Pontevedra, 5 de xaneiro de 2018

O alcalde
P.D. (Resolución do 21.4.2017)
Raimundo González Carballo
Concelleiro da Área de Contratación e Facenda