Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx. 10576

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 26/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 26/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alfonso Tarrío Redondo contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, ditouse a seguinte resolución:

«Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Alfonso Tarrío Redondo, fronte a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, parte executada, por importe de 4.718,01 euros en concepto de principal (3.861,15 euros máis 856,86 euros de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 471,80 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación e débedas admisible como causa de oposición á execución».

«Acordo en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., dar audiencia previa á parte demandante, Alfonso Tarrío Redondo, e ao Fondo de Garantía Salarial, por prazo de quince días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado se acordará o procedente.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición ante o/a letrado/a da Administración de xustiza que dita esta resolución, que se interpoñerá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición teña efectos suspensivos respecto á resolución impugnada».

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza