Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx. 10578

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 579/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 579/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Garrido Parajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Maz Mutua de AT y EP de la SS nº 11 e PV Montajes, S.C., foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que, desestimando integramente a demanda interposta por Miguel Garrido Parajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Maz Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social nº 11 e contra PV Montajes, S.C., debo declarar e declaro axustada a dereito a alta médica do demandante emitida pola mutua demandada na data 22.5.2017 e confirmada polo INSS en procedemento especial de revisión de alta médica, e debo absolver e absolvo as demandadas das peticións deducidas contra elas.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que contra ela non cabe recurso (art. 140.3.c) da LRXS)».

E para que sirva de notificación en legal forma a PV Montajes, S.C., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza