Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx. 10628

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 1 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica a resolución do procedemento de reintegro de subvención ditada o 21 de novembro de 2017 no expediente de axuda aos investimentos a bordo do buque pesqueiro Siempre San Prudencio (PE 107D 2010/30-2).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e ao abeiro do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo, por medio do presente anuncio publicado no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, a resolución do expediente de reintegro da subvención concedida sinalada no anexo. A eficacia do acto administrativo notificado producirase coa súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.4 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, co obxecto de que se publique por medio dun anuncio no taboleiro de edictos.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución que se notifica, que pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso de reposición ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, ou ben recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente desta orde xurisdicional no prazo de dous meses, contados, en ambos os dous casos, a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no TEU do BOE.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2018

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Beneficiarios: Iberia López Baltar, María Jesús Canoura López e Jesús Canoura López.

NIF: 33831279G, 33998610X e 33998609D, respectivamente.

Número de expediente SXPA: PE 107D 2010/30-2.

Proxecto: modernización do buque pesqueiro Siempre San Prudencio (FE-2-4-96).

Acto de notificación: Resolución do procedemento de reintegro da subvención concedida, da conselleira do Mar, ditada o 21 de novembro de 2017.

Último enderezo coñecido: rúa José Baamonde Illade, nº 19, 2º, 27870 O Vicedo (Lugo).