Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx. 10624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, da subministración sucesiva por prezos unitarios, mediante acordo marco cun único empresario por cada lote que se licita, de diverso material para o Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia e outros (expediente 7/2018).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración mediante acordo marco cun único empresario.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva e por prezos unitarios de diverso material de laboratorio.

c) División por lotes: si. Lote 1: reactivos químicos. Lote 2: material diverso para laboratorio (plástico, vidro, papel...). Lote 3: equipamentos de protección individual para laboratorio (contrato reservado). Lote 4: material específico para equipamentos Millipore dispoñibles no laboratorio: de purificación de auga e para análise de augas polo método de filtración de membrana con sistema Milliflex. Inclúe mantemento. Lote 5: medios de cultivo xerais para o illamento bacteriano e fúnxico. Lote 6: reactivos para a realización da técnica da contrainmunoelectroforese da enfermidade aleutiana do visón. Lote 7: kit Elisa para determinar os anticorpos, antíxenos e micotoxinas. Lote 8: micropipetas multicanle e monocanle e puntas de micropipeta. Lote 9: reactivos e materiais para cultivo de micobacterias, hemocultivo en medios líquidos. Inclúe mantemento. Lote 10: material para sistemas automatizados de identificación bioquímica e antibiograma de diferentes microorganismos de interese veterinario, detección, en alimentos destinados ao consumo animal, de diferentes microorganismos polas técnicas Elfa e reconto polo número máis probable miniaturizado. Inclúe mantemento.

d) Prazo de execución/entrega: o prazo de duración dos acordos marco abranguerá desde o día seguinte ao da sinatura e ata o 31 de decembro de 2021. O material, respecto de cada un dos lotes, deberá ser entregado no prazo máximo de 7 días hábiles desde a data do pedido pola Administración ou prazo menor ofertado polo licitador.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 33000000 e 18100000.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria. Procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: automáticos, recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento máximo de licitación.

Importe neto: 2.085.814,60 €, IVE (21 %): 438.021,08 €. Importe total: 2.523.835,68 € (cuxa distribución por lotes é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares). Valor estimado: 2.502.977,52 € (incluídas posibles modificacións).

O orzamento indicado determínase con carácter de máximo e correspóndese coa estimación de consumo prevista.

5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Medio Rural.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto nas letras H e I da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Só para o lote 3: cualificación de centros especiais de emprego inscritos no rexistro administrativo da Comunidade Autónoma ou outros rexistros administrativos equivalentes.

7. Garantías exixidas. Definitiva, polos importes seguintes: lote 1: 5.796,71 €, lote 2: 16.574,18 €, lote 3: exenta, lote 4: 8.009,43 €, lote 5: 9.547,22 €, lote 6: 8.757,00 €, lote 7: 3.790,00 €, lote 8: 6.750,00 €, lote 9: 31.554,76 € e lote 10: 6.901,43 €.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Enderezo: edificio posterior dereito nº 4, San Caetano, s/n, planta baixa, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 48//981 54 57 37//(consultas administrativas) 981 54 57 33 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=234996

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o 12 de marzo de 2018 (agás para o lote 3 no que a data se amplía ata o 26 de marzo).

b) Documentación que se deberá presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. Os licitadores deben presentar mostras, segundo o establecido no prego de prescricións técnicas, para os lotes 3 e 8.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15781) e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data e hora: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 26 de marzo de 2018 (agás para o lote 3 no que terá lugar con data 9 de abril).

11. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios no BOE e DOG serán por conta do/dos adxudicatario/s.

12. Data de envío do anuncio ao DOUE: 1 de febreiro de 2018.

13. Outra información: o lote 3 está reservado a centros especiais de emprego segundo o artigo 26 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, e a disposición adicional quinta do texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2018

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural