Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx. 10477

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 1 de febreiro de 2018 pola que se acorda a cesión definitiva dunha caravana propiedade da Comunidade Autónoma de Galicia ao Concello de Maceda, provincia de Ourense.

O Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia e o Decreto 72/2013, do 25 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, establecen que esta vicepresidencia e consellería, a través da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, é o departamento encargado de xestionar as competencias que, en materia de protección civil, ten atribuídas a Comunidade Autónoma de Galicia.

A Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, establece no seu artigo 10 que lle corresponde á Xunta de Galicia a superior coordinación e dirección da protección civil, a xestión dos servizos que se considere preciso prestar de forma unitaria para todo o territorio galego e a xestión das emerxencias que superen os medios de resposta dos que dispoñen as entidades locais.

A Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (artigo 25.2, parágrafo f), así como a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia (artigos 80, 81 e 82) determinan que o concello, como entidade básica da organización territorial do Estado, é a vía de participación dos seus cidadáns en diferentes materias tales como a protección civil, as emerxencias e a prevención de riscos.

As tarefas que vaian realizar os concellos a través das Agrupacións de Personal Voluntario de Protección Civil, de conformidade coa normativa de protección civil, irán encamiñadas á prevención e autoprotección así como á colaboración, auxilio e apoio dos servizos públicos de protección civil, de conformidade co establecido no artigo 50 do Decreto 56/2000, do 3 de marzo, polo que se regula a planificación, as medidas de coordinación e actuación de voluntarios/as, agrupacións de voluntarios/as e entidades colaboradoras en materia de protección civil de Galicia.

No marco do réxime legal regulador das relacións de colaboración, cooperación e coordinación, e logo da petición do Concello de Maceda, na provincia de Ourense, considérase conveniente cederlle en propiedade unha caravana pertencente á Xunta de Galicia adquirida en data do 11 de decembro de 1991, a través da extinta Secretaría Xeral para a Protección Civil, para ser destinada a fins de utilidade pública e de interese social, e mais especial para o servizo municipal de emerxencias e protección civil.

Para tal fin, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza tramitou o expediente, de conformidade co disposto no artigo 82 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e artigo 96 do regulamento publicado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo.

Na súa virtude, no uso das facultades que teño atribuídas, polo Decreto 148/2016, de Presidencia da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Cesión en propiedade

Acórdase a cesión en propiedade, a favor do Concello de Maceda, na provincia de Ourense, do seguinte ben moble:

• Caravana matrícula: C-02100-R.

• Número de identificación: VU2460A06MR000562.

• Data de matriculación: 11.12.1991.

Artigo 2. Fins da cesión

1. De conformidade co establecido no artigo 82.5 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e artigo 96 do regulamento publicado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, o ben cedido será destinado polo cesionario a fins de utilidade pública ou interese social, de xeito especial, para o servizo de protección civil e emerxencias.

2. Se os bens cedidos non se aplicasen ao fin sinalado considerarase resolta a cesión e reverterán á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Coa cesión outorgaráselle ao Concello de Maceda, a transmisión da súa propiedade, sendo obriga do órgano competente para a cesión tramitar a baixa en tráfico conforme o establecido na lexislación específica.

Artigo 3. Formalización da cesión mediante acta

A cesión terá carácter definitivo desde o momento da súa formalización mediante acta subscrita polas persoas titulares da secretaría xeral desta vicepresidencia e consellería e o alcalde presidente do Concello de Maceda, e deberá constar nela o acordo de cesión e a aceptación da parte cesionaria, así como as obrigas do concello cesionario.

Artigo 4. Obrigas do concello cesionario

O concello cesionario farase cargo dos gastos do imposto especial sobre determinados medios de transporte, seguros, mantemento, conservación e calquera outro gasto que puidera supoñer a cesión, así como as indemnizacións derivadas das posibles declaracións de responsabilidade civil ou criminal polo uso do equipamento cedido, calquera que sexa a súa contía.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento normativo

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da Secretaría Xeral, realizará os trámites necesarios para a efectividade desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde terá os efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2018

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza