Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx. 10581

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (ETX 150/2017).

ETX execución de títulos xudiciais 150/2017

Procedemento orixe: procedemento ordinario 625/2015

Sobre ordinario

Demandante: María Rosario Freire Ferreiro

Demandados: Tabuata Hostelería, S.L., Fondo de Garantía Salarial

Avogado/a: letrado de Fogasa

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no proceso seguido por instancia de María del Rosario Freire Ferreiro contra Tabuata Hostelería, S.L., acordouse notificar a parte dispositiva do Decreto do 23 de xaneiro de 2018, ditado no procedemento contra Tabuata Hostelería, S.L., en ignorado paradoiro:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Tabuata Hostelería, S.L., en situación de insolvencia total polo importe de 757,76 euros de principal ou salarios debidos e de 164,84 euros de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 841,94 de indemnización por despedimento obxectivo, máis 176,45 euros en concepto provisorio de xuros e custas, sen prexuízo de posterior liquidación.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñeceren novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación a Tabuata Hostelería, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza