Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx. 10583

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para a ampliación da planta de valorización de residuos non perigosos de González Couceiro, S.L.U., en Cerceda (A Coruña) (expediente 2017-IPPC-I-72).

Para os efectos previstos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro) e no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro) faise público que, por espazo de 30 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedarán expostos os documentos titulados:

– Proxecto básico e documento ambiental para a autorización ambiental integrada da ampliación da planta de valorización de residuos non perigosos no lugar de Areosa, s/n, parroquia de Seixas, Cerceda (A Coruña). Revisión 26.12.2017.

– Resumo non técnico para a autorización ambiental integrada da ampliación da planta de valorización de residuos non perigosos no lugar de Areosa s/n, parroquia de Seixas, Cerceda (A Coruña). Revisión 26.12.2017.

Para que calquera interesado poida consultalos e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide convenientes. Os documentos poderán consultarse:

– Na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela), en horario de atención ao público;

– Na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://cmaot.xunta.gal>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO
Memoria resumo

Titular: Gonzalez Couceiro, S.L.U., en Cerceda (A Coruña).

CIF: B36179299.

Domicilio social: polígono industrial das Gándaras, 8 (O Porriño, Pontevedra).

Localización da instalación: lugar de Areosa s/n, parroquia de Seixas, Cerceda (A Coruña).

Actividade: recuperación de materias primas mediante a valorización de escouras e vidro por medios mecánicos e electromagnéticos; cribaxe, separación de metais férricos, non férricos, vidro e obtención de granulados reciclados.

Procesos: recepción, pesaxe e descarga do material; carga da materia prima na liña de valorización que leva a cabo de forma automatizada a cribaxe e a separación electromagnética, así como para a fracción máis graúda unha separación manual; provisión de granulados e metais de saída e finalmente carga, pesaxe e expedición dos diferentes produtos.

Verteduras: para recoller as augas pluviais sucias preténdese a instalación dunha rede de tubos enterrados, canles, sumidoiros e arquetas de control que desembocarán nun decantador ao cal se lle engadiu, ante posibles derramamentos, un separador de hidrocarburos con filtro coalescente, para a súa posterior drenaxe ao ambiente. As augas residuais fecais vértense en depósito estanco e xestiónanse externamente.