Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2018 Páx. 10100

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 29 de xaneiro de 2018 pola que se modifica a autorización do centro Safe Formación, de Ourense, por ampliación das ensinanzas deportivas nas especialidades dos deportes de Montaña e Escalada.

A titularidade do Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas Safe Formación, de Ourense, solicita autorización para impartir as ensinanzas conducentes á obtención dos títulos de técnico e técnico superior nas especialidades dos deportes de Montaña e Escalada, conforme o Real decreto 318/2000, do 3 de marzo.

Por Orde do 12 de setembro de 2011, autorízase para impartir as ensinanzas conducentes á obtención dos títulos de técnico deportivo e técnico deportivo superior en Esquí Alpino, Esquí de Fondo e Snowboard; e por Orde do 6 de xuño de 2014 autorízase o bloque común e complementario a distancia das modalidades deportivas de inverno e o bloque común das actividades de formación promovidas polas federacións deportivas na modalidade presencial e a distancia.

O Decreto 410/2003, do 6 de novembro, regula os requisitos e o procedemento para a autorización a centros privados e a centros públicos que non sexan de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para impartir ensinanzas de técnicos deportivos na Comunidade Autónoma de Galicia; norma desenvolvida polas ordes desta consellería do 12 de abril de 2004 e do 23 de abril de 2004, nas cales se determinan o procedemento de autorización e os requisitos mínimos dos espazos administrativos e docentes xenéricos con que deben contar os centros.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización do centro Safe Formación, de Ourense, por ampliación das ensinanzas deportivas nas especialidades dos deportes de Montaña e Escalada, quedando configurado o centro como se detalla a continuación:

Denominación xenérica: Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas (CAD).

Denominación específica: Safe Formación.

Código do centro: 32020835..

Enderezo: avda. da Habana, 54, 2º andar.

Localidade: 32004 Ourense.

Concello: Ourense.

Provincia: Ourense.

Titular: Safe Educación y Formación, S.L.U.

Composición resultante:

1. Especialidade: Deportes de inverno.

a) Grao medio.

• Técnico deportivo en Esquí Alpino.

• Técnico deportivo en Esquí de Fondo.

• Técnico deportivo en Snowboard.

b) Grao superior.

• Técnico deportivo superior en Esquí Alpino.

• Técnico deportivo superior en Esquí de Fondo.

• Técnico deportivo superior en Snowboard.

2. Especialidades: Deportes de Montaña e Escalada.

a) Grao medio.

• Técnico deportivo en Alta Montaña.

• Técnico deportivo en Barrancos.

• Técnico deportivo en Escalada.

• Técnico deportivo en Media Montaña.

b) Grao superior.

• Técnico deportivo superior en Alta Montaña.

• Técnico deportivo superior en Escalada.

• Técnico deportivo superior en Esquí de Montaña.

3. Bloque común e complementario a distancia das modalidades deportivas de inverno e o bloque común das actividades de formación promovidas polas federacións deportivas, presencial e a distancia.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria