Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2018 Páx. 10022

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 24 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada nun expediente tramitado por esta entidade (2017/118/32).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas a resolución ditada pola xefa territorial no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectuar a notificación por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio das persoas interesadas.

O expediente está á disposición das persoas interesadas, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, na rolda da Muralla, 70, baixo, onde no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non o facer, se terán por notificados.

As persoas interesadas ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán interpoñer recurso contra a resolución ditada no expediente, a cal é definitiva en vía administrativa, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda lles corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 24 de xaneiro de 2018

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº do expediente: 2017/118/32.

a) Interesados/as:

1º. Mohamed Bayechou.

Enderezo actual: descoñecido.

2º. Aicha Kabouri.

Enderezo actual: descoñecido.

b) Asunto: Resolución do 17 de xaneiro de 2018.

c) Efectos: concesión de medida administrativa.