Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2018 Páx. 10020

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos tramitados por esta xefatura (expediente 1998/357/27 e dez máis).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e, en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas interesadas que a continuación se relacionan as resolucións ditadas pola xefa territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto nos artigos 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar as ditas notificacións ou por descoñecer o domicilio das persoas interesadas.

Os expedientes atópanse á disposición das persoas interesadas, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, baixo, onde, no prazo de dez (10) días, contado desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non facelo, se lles terán por notificadas.

As persoas interesadas ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán interpor recurso ás resolucións recaídas nos expedientes, as cales son definitivas en vía administrativa, no xulgado de Primeira Instancia de Lugo, que por quenda lle corresponda, no prazo de dous (2) meses contado desde o día seguinte ao da data da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 23 de xaneiro de 2018

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Nº de expediente

Efectos xurídicos

Data da resolución

Cristian Antonio Veiga López

1998/357/27

Cesamento de medida e arquivamento

19.5.2017

Edilson Cardona López

2006/108/27

Cesamento de medida e arquivamento

2.11.2017

Celia Marina Pereira Ribeiro

2011/80/27

Cesamento de medida e arquivamento

24.3.2017

María del Carmen Barrul Cortiñas

1999/194/27

Cesamento de medida e arquivamento

4.4.2017

Lucica Mustata,

Vasile Zanfir

2015/46/27

Cesamento de medida e arquivamento

2.6.2017

Lucica Mustata,

Vasile Zanfir

2015/47/27

Cesamento de medida e arquivamento

2.6.2017

Lucica Mustata,

Vasile Zanfir

2015/36/27

Cesamento de medida e arquivamento

2.6.2017

Octavio Fernandes Santos

2014/203/27

Cesamento de medida e arquivamento

16.10.2017

María Rodríguez Durán

2011/156/27

Cesamento de medida e arquivamento

10.5.2017

Tamara Fernández Otero

2015/112/27

Cesamento de medida e arquivamento

5.7.2017

Tamara Fernández Otero

2015/113/27

Cesamento de medida e arquivamento

5.7.2017