De conformidade co disposto no artigo 44.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), as notificacións que non fose posible practicar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e que a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.
Polo anterior e, despois de tentada sen éxito a notificación persoal do acto, que figura no anexo, a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que constan no anexo, o anuncio do expediente sancionador, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Os interesados poderán comparecer, no prazo de 15 días, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situado na praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo (Pontevedra), para o coñecemento integro do acto notificado e constancia deste. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.
Vigo, 30 de xaneiro de 2018
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Interesado/a |
Expediente |
Acto |
Concello |
Cuatro Rosas Moda, S.L. |
PO-10/2017 |
Resolución de expediente sancionador |
Vigo |
Zapaterías Avelino |
PO-88/2017 |
Resolución de expediente sancionador |
Vigo |
Zapaterías Avelino |
PO-89/2017 |
Resolución de expediente sancionador |
Vigo |
Prosperidad Jiaquian, S.L. |
PO-82/2017 |
Resolución de expediente sancionador |
A Estrada |