Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2018 Páx. 10010

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 30 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se fai publica a declaración de impacto ambiental ditada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático do proxecto de ampliación da concesión mineira Espiño 2663.1, situada nos concellos de Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), promovido por Granitos Fernández Fernández, S.L. (clave 2009/0040).

En cumprimento do artigo 12 do Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, faise pública a declaración de impacto ambiental do 21 de novembro de 2017, do proxecto de ampliación da zona de explotación e novo recurso na concesión mineira de Espiño nº 2663.1, nos concellos de Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), promovido por Granitos Fernández Fernández, S.L., na actualidade Triturados do Saiar, S.L., por resolución de transmisión de dereitos aprobada o 23 de xuño de 2017.

Esta declaración de impacto ambiental pódese consultar na ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, baixo).

Pontevedra, 30 de xaneiro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra