Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2018 Páx. 10007

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican varios expedientes sancionadores por infracción do Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma en Galicia en materia de política industrial (expediente PO 17/2017-RAE e nove máis).

De conformidade co disposto no artigo 44.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), as notificacións que non fose posible practicar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e que a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.

Polo anterior e despois de tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase as interesadas que constan no anexo, polo presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte á súa publicación no BOE.

As interesadas poderán comparecer, no prazo de 15 días, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situado na praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo (Pontevedra), para o coñecemento íntegro do acto notificado e constancia deste. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Vigo, 30 de xaneiro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesada

Expediente

Acto

Concello

C.P. Juan Bautista Andrade, 62

PO 17/2017-RAE

Acordo de inicio

Vigo

C.P. Pardillo, 1

PO 20/2017-RAE

Acordo de inicio

Vigo

C.P. Edificio A Ría, 42

PO 21/2017-RAE

Acordo de inicio

Poio

C.P. Camiño da Pousa, 3

PO 23/2017-RAE

Acordo de inicio

Vigo

C.P. Camiño da Pousa, 3

PO 24/2017-RAE

Acordo de inicio

Vigo

Santa Marta Inmuebles, S.L.

PO 25/2017-RAE

Acordo de inicio

Ponteareas

Horvicasas 2002, S.L.

PO 26/2017-RAE

Acordo de inicio

Vigo

C.P. Isabel II, 3

PO 28/2017-RAE

Acordo de inicio

Vigo

C.P. Isabel II, 3

PO 29/2017-RAE

Acordo de inicio

Vigo

Renovables del Atlántico, S.L.

PO 34/2017-RAE

Acordo de inicio

Gondomar