Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9841

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de creación de recursos dixitais custodiados nos arquivos históricos da Xunta de Galicia para a incorporación a Galiciana, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 2017/PA/0065).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: creación de recursos dixitais que se integrarán no Arquivo Dixital de Galicia incluído no eido de Galiciana.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 21 de xullo de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 85.000,00 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación: 102.850,00 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 13 de decembro do 2017.

b) Data de formalización do contrato: 28 de decembro de 2017.

c) Contratista: Vinfra, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe unitario 0,19 € (IVE excluído), para un total de 447.386 unidades, o que supón un importe global de 84.999,92 € máis 17.849,98 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 102.849,90 €.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia