Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9843

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Margarita Rodríguez López.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo tramítase o recurso 264/2017 (procedemento abreviado), interposto por Margarita Rodríguez López fronte á Resolución, da directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 22 de xuño de 2017, pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto o 5 de maio de 2017 fronte á Resolución do 31 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de cobertura temporal de postos de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro) (DOG núm. 69, do 7 de abril de 2017).

A recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na parte de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2018

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos