Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9839

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 26 de xaneiro de 2018 pola que se notifica a orde de suspensión de obras derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/443/2016-S1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o día 28 de xullo de 2017, resolución ordenando a inmediata suspensión das obras que se executan consistentes na construción dunha edificación para uso residencial e construción auxiliar no lugar de Irmadeus, no termo municipal de Vigo, provincia de Pontevedra, a retirada dos materiais preparados para ser utilizados na obra ou actividade suspendida e a maquinaria afecta a ela, no prazo de 24 horas seguintes á notificación desta resolución, e a suspensión das correspondentes subministracións de auga, electricidade, gas e telecomunicacións ás obras que se ordena paralizar.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a José Manuel Abalde Fernández, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística