Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2018 Páx. 9486

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (ETX 275/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 275/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sabela Giadanes Millán contra SS Fernández Concesionario, S.L. e o Fogasa, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2018.

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado SS Fernández Concesionario, S.L. en situación de insolvencia total polo importe de 16.707,54 euros (13.986,51 euros en concepto de salarios, vacacións e indemnización, 2.320,07 en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais que comportan 9.047,28 euros, 400,96 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil sobre a indemnización que comporta 4.939,23 euros), máis outros 1.670,75 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñeceren novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a SS Fernández Concesionario, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza