Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2018 Páx. 9488

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 243/2017).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 243/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Caamaño Romar contra E.S.A. Ulla-Salnés, S.L., Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza, María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2018.

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar o executado E.S.A. Ulla-Salnés, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 5.810,92 euros en concepto de principal (4.165,46 euros en concepto de salarios; 1.645,46 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 581,09 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación: contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza»

E, para que sirva de notificación en legal forma a E.S.A. Ulla-Salnés, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza