Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2018 Páx. 9484

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 201/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento seguridade social 201/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Vázquez Blanco contra Comercial Distribuidora Vázquez y Carballosa, S.L. e Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza 24/2018.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2018.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento de seguridade social nº 201/2016, seguidos ante este xulgado por instancia de Carlos Vázquez Blanco, asistido da letrada Belén Pousada Vales, contra INSS, representado pola letrada Natalia Suárez Herva, e contra Comercial Distribuidora Vázquez y Carballosa, S.L., que non comparece, dito sentenza de conformidade cos seguintes,

Resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Carlos Vázquez Blanco contra INSS e Comercial Distribuidora Vázquez y Carballosa, S.L., e declaro que a base reguladora da súa pensión de xubilación ascende a 1.011,35 euros e condeno o INSS a aterse ao anterior e a aboar a prestación correspondente coas diferenzas que procedan.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Comercial Distribuidora Vázquez y Carballosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza