Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2018 Páx. 9234

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (532/2016).

Procedemento orixe: 532/2016

Sobre reclamación de cantidade

Demandante: Hierros Pedregal, S.L.

Procuradora: Cayetana Marín Couceiro

Avogado: José Basanta Collazo

Demandado: Manuel Durán Docampo

Eu, Virginia González Benedidt, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa, fago saber que en virtude do acordado en resolución de data 22 de setembro nos autos de procedemento xuízo verbal número 532/2016, seguido por instancia de Hierros Pedregal, S.L., con CIF B-36018091, con domicilio no lugar de Pedregal, s/n, 36680 A Estrada, representada pola procuradora Cayetana Marín Coucerio, fronte a Manuel Durán Docampo con NIF 52470891-W, con último domicilio coñecido en avenida de Cambados, nº 15, 4º D, 36600 Vilagarcía de Arousa, e de conformidade co disposto nos artigos 497 en relación co artigo 161 da LEC polo presente edicto notifícase a Manuel Durán Docampo a sentenza de data 2.5.2017 cuxa parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

Decido.

Que estimando na súa integridade a demanda formulada pola procuradora Sra. Marín Couceiro, en nome e representación de Hierros Pedregal, S.L., contra Manuel Durán Docampo, condeno o demandado a pagar á entidade demandante a cantidade de 3.062,53 euros, cos xuros indicados no fundamento de dereito terceiro desta sentenza.

Impóñense as custas ao demandado.

Notifíquese esta resolución ás partes, e fágaselles saber que non é firme, e que contra esta poderán interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, por medio dun escrito que deberán presentar neste xulgado, nun prazo de vinte días desde a súa notificación. Para a interposición do recurso será necesario constituír un depósito de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, de conformidade co que establece a disposición adicional décimo quinta da LOPX, que será requisito para a súa admisión.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mando e asino, Sofía Leonor Castro Verdes, xuíza deste xulgado e do seu partido xudicial.

Vilagarcía de Arousa, 22 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza.