Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 7 de febreiro de 2018 Páx. 8771

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorga autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto de modificación do parque eólico Montes de Abella, sito nos concellos de Láncara e Triacastela, promovido por Inverólica de Abella, S.L. (expediente 103-EOL).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Inverólica de Abella, S.L. en relación coa autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción do proxecto de modificación do parque eólico Montes de Abella (en diante, o parque eólico modificado), constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante a Resolución do 13 de xuño de 2005, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, fíxose pública a declaración de impacto ambiental do proxecto parque eólico Montes de Abella (DOG núm. 119, do 22 de xuño).

Segundo. Mediante a Resolución do 20 de xullo de 2005, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, autorizáronse as instalacións electromecánicas, aprobouse o proxecto de execución e incluíuse no réxime especial de produción de enerxía eléctrica o proxecto parque eólico Montes de Abella 1ª fase (DOG núm. 172, do 7 de setembro).

Terceiro. Mediante a Resolución do 28 de setembro de 2011, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, autorizáronse as instalacións electromecánicas, aprobouse o proxecto de execución e recoñeceuse a condición de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica da 2ª fase do dito proxecto (DOG núm. 229, do 30 de novembro).

Cuarto. Mediante a Resolución do 15 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, ordenouse a publicación no Diario Oficial de Galicia do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de febreiro de 2012 polo que se aprobou definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado parque eólico Montes de Abella, así como as disposicións normativas contidas no mencionado proxecto (DOG núm. 91, do 14 de maio).

Quinto. Mediante a Resolución do 29 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, autorizouse a Invertaresa, S.L. a transmisión dos dereitos e obrigas derivados das autorizacións outorgadas para o proxecto do parque eólico Montes de Abella, nos concellos de Triacastela, Samos e Láncara (Lugo), a favor de Inverólica de Abella, S.L. (en diante, o promotor).

Sexto. O 6.11.2015, o promotor solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a aprobación do proxecto sectorial e a declaración de utilidade pública para o parque eólico modificado.

Sétimo. O 22.12.2016, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo (en diante, a xefatura territorial) emitiu informe sobre os dereitos mineiros existentes na área definida pola poligonal do parque eólico modificado. De acordo co citado informe concedéuselle trámite de audiencia ao solicitante do permiso de exploración Triacastela nº 6055, sen que se recibise ningunha alegación do interesado.

Oitavo. O 10.1.2017, a xefatura territorial emitiu o informe sobre as instalacións electromecánicas do parque eólico modificado.

Noveno. Mediante a Resolución do 10 de febreiro de 2017, da xefatura territorial, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, a aprobación do proxecto de execución, do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e do estudo de impacto ambiental referidos ao proxecto do parque eólico modificado.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 10.3.2017, no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 27.2.2017 e no xornal La Voz de Galicia do 2.3.2017. Así mesmo, permaneceu exposta ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (Triacastela e Láncara), da xefatura territorial e da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Lugo, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

A continuación resúmese o contido das alegacións presentadas durante o período de información pública:

– Solicitude de modificación do trazado dunha vía de acceso.

– Solicitude de oposición á declaración de utilidade pública.

– Existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados, maioritariamente en relación coa titularidade das parcelas, coas superficies afectadas, coa clasificación do solo e co tipo de aproveitamento.

Décimo. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido nos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a xefatura territorial remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico modificado aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Retegal, Concello de Samos, Retevisión I, S.A., Concello de Triacastela, Concello de Láncara, Servizo de Montes Veciñais en Man Común e Estruturas Forestais, e Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Décimo primeiro. O 7.3.2017, Retegal emitiu o correspondente condicionado técnico. Nel recóllese que, a pesar de que non se observan obstrucións directas nos sinais de televisión da TDT, se unha vez executado o parque eólico modificado as houbese, o promotor deberá adoptar as medidas axeitadas para restablecer a calidade e a correcta recepción dos sinais da TDT. O promotor manifestou a súa conformidade o 3.4.2017, sempre e cando as afeccións fosen atribuíbles ao parque eólico modificado.

Décimo segundo. O 9.3.2017 e o 6.6.2017, o Concello de Samos emitiu o seu condicionado técnico para a construción do parque eólico modificado. O promotor achegou a súa resposta o 3.4.2017 e manifestou que a poligonal do parque eólico modificado está sita nos concellos de Triacastela, Láncara e Samos, porén as súas infraestruturas unicamente afectan os concellos de Láncara e Triacastela.

Décimo terceiro. O 15.3.2017, Retevisión I, S.A. emitiu o correspondente condicionado técnico. Nel recóllese que non se considera necesario paralizar o proxecto de construción do parque eólico modificado. Se unha vez executado o parque eólico modificado se detectan deficiencias na cobertura, o promotor deberá adoptar as medidas axeitadas para restablecer a calidade e a correcta recepción dos sinais da TDT. O promotor manifestou a súa conformidade o 11.4.2017, sempre e cando as citadas deficiencias fosen atribuíbles ao parque eólico modificado.

Décimo cuarto. O 16.3.2017, o Concello de Triacastela emitiu o seu condicionado técnico para a construción do parque eólico modificado. O promotor manifestou a súa conformidade o 11.4.2017.

Décimo quinto. O 21.3.2017, o Concello de Láncara emitiu o seu condicionado técnico para a construción do parque eólico modificado. O promotor manifestou a súa conformidade o 17.4.2017.

Décimo sexto. O 23.3.2017, a dirección xeral reiterou a solicitude de condicionado técnico, feita o 13.2.2017, ao Servizo de Montes Veciñais en Man Común e Estruturas Forestais.

Décimo sétimo. O 4.4.2017, Unión Fenosa Distribución, S.A. presentou un escrito no cal puxo de manifesto que o parque eólico modificado ten un punto de conexión concedido para evacuar 14 MW, que non corresponde cos 16,5 MW dos cinco aeroxeradores previstos, que dispoñen dunha potencia unitaria de 3,3 MW. O 11.5.2017, o promotor manifestou que limitará a potencia da instalación para cumprir coa limitación de potencia de evacuación de 14 MW.

Décimo oitavo. O 27.4.2017, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil emitiu o seu condicionado ao proxecto do parque eólico modificado. O promotor manifestou a súa conformidade o 29.5.2017.

Décimo noveno. O 8.5.2017, a Axencia Estatal de Seguridade Aérea autorizou as instalacións do parque eólico modificado.

Vixésimo. O 28.6.2017, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas solicitou informe a que fan referencia o artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e o artigo 66 da Lei 7/2012, de montes de Galicia, á Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal. O 11.8.2017, a Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal remitiu o informe do Servizo de Montes Veciñais e Estruturas Forestais do 18.7.2017.

Vixésimo primeiro. O 26.10.2017, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico modificado, que se fixo pública mediante o Anuncio do 27 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (DOG núm. 219, do 17 de novembro).

Vixésimo segundo. O 6.11.2017, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu, en relación co proxecto sectorial do parque eólico modificado, o informe a que fai referencia o artigo 37.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Vixésimo terceiro. O 27.11.2017, Inverólica de Abella, S.L. presentou no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia un escrito en que solicitou a tramitación do proxecto Montes de Abella modificado conforme a disposición transitoria terceira da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Vixésimo cuarto. O 4.12.2017, o promotor presentou o documento Addenda ao proxecto de execución modificación parque eólico Montes de Abella. Decembro 2017. Nela establece a potencia unitaria dos 5 aeroxeradores Acciona Windpower AW132 que xerarán unha potencia total de 14 MW, dando resposta ao escrito do antecedente de feito décimo sétimo desta resolución. O 12.12.2017, o promotor presentou o documento Fe de erratas, en que indicou as coordenadas da subestación do parque eólico modificado.

Vixésimo quinto. O 13.12.2017, o Servizo de Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética emitiu informe en relación coa Addenda ao proxecto de execución modificación parque eólico Montes de Abella. Decembro 2017 coa súa Fe de erratas do 12.12.2017.

Vixésimo sexto. O 21.12.2017 o Consello da Xunta de Galicia declarou de interese especial o proxecto do parque eólico Montes de Abella, consonte a disposición adicional primeira da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e no artigo 34.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, consonte a disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, recollidas no anexo desta resolución, visto o seu contido e as respostas efectuadas polo promotor, cómpre manifestar o seguinte:

1. No que respecta á alegación relativa á modificación do trazado da servidume afectada, considérase o número 3 do artigo 153 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica. No dito número ponse de manifesto a necesidade de acreditar na solicitude de variación do trazado a conformidade previa dos novos propietarios pola dita variación, debidamente documentada, así como o compromiso formal de sufragar todos os gastos que ocasione a súa realización.

2. As alegacións relacionadas coa titularidade dos bens e dereitos afectados polo proxecto do parque eólico, así como coas súas características, serán consideradas no momento de resolver sobre a declaración de utilidade pública do proxecto. Con todo, hai que indicar que se tomou razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas.

3. Da mesma maneira, as consideracións sobre a falta de xustificación da necesidade dun proceso de utilidade pública, xunto coas efectuadas nos parágrafos anteriores, serán abordadas na resolución que finalmente se adopte sobre esta cuestión.

De acordo con todo o que antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar autorización administrativa previa ás instalacións da modificación do parque eólico Montes de Abella localizado nos concellos de Láncara e Triacastela (Lugo) e promovido pola sociedade Inverólica de Abella, S.L., cunha potencia de 14 MW.

Segundo. Outorgar autorización administrativa de construción ao proxecto de execución das instalacións da modificación do parque eólico Montes de Abella, composto polos documentos Proxecto de execución modificación parque eólico Montes de Abella. Outubro 2016 e a Addenda ao proxecto de execución modificación parque eólico Montes de Abella. Decembro 2017 coa súa Fe de erratas do 12.12.2017, asinados polo enxeñeiro industrial Eloy Prada Hervella, colexiado nº 1.898 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG).

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Inverólica de Abella, S.L.

Domicilio social: avenida de Lugo, 26-3º, 27500 Chantada (Lugo).

Denominación: modificación do parque eólico Montes de Abella.

Potencia instalada: 14 MW.

Produción neta: 52.948 MWh/ano.

Horas equivalentes netas: 3.209 horas.

Concellos afectados: Triacastela e Láncara (Lugo).

Orzamento de execución material: 8.444.647,02 euros.

Coordenadas dos aeroxeradores do parque eólico modificado:

Modificación do parque eólico Montes de Abella

Nº de aeroxerador

Coordenadas UTM

(fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM

(fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

1

642.057

4.740.320

641.932,57

4.740.105,88

2

642.145

4.740.068

642.020,57

4.739.853,88

3

642.267

4.739.824

642.142,57

4.739.609,87

4

642.403

4.739.576

642.278,57

4.739.361,87

5

643.338

4.739.866

643.213,58

4.739.651,87

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico modificado:

Modificación do parque eólico Montes de Abella

Vértices poligonal

Coordenadas UTM

(fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM

(fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

1

643.587

4.740.164

643.462,58

4.739.949,87

2

643.738

4.740.170

643.613,59

4.739.955,87

3

643.782

4.739.589

643.657,58

4.739.374,86

4

643.630

4.739.583

643.505,58

4.739.368,86

5

643.478

4.739.578

643.353,58

4.739.363,86

6

642.775

4.739.524

642.650,57

4.739.309,87

7

642.177

4.739.150

642.052,56

4.738.935,86

8

642.264

4.739.080

642.139,56

4.738.865,86

9

641.702

4.738.380

641.577,55

4.738.165,86

10

641.615

4.738.450

641.490,55

4.738.235,86

11

641.377

4.737.897

641.252,55

4.737.682,85

12

641.322

4.737.672

641.197,54

4.737.457,85

13

640.685

4.737.804

640.560,54

4.737.589,86

14

640.740

4.738.029

640.615,54

4.737.814,86

15

640.798

4.738.266

640.673,54

4.738.051,86

16

641.094

4.738.838

640.969,55

4.738.623,87

17

641.802

4.739.679

641.677,56

4.739.464,87

18

641.457

4.740.448

641.332,57

4.740.233,89

19

642.115

4.740.891

641.990,58

4.740.676,89

20

642.460

4.740.122

642.335,57

4.739.907,88

21

643.437

4.740.159

643.312,58

4.739.944,87

Coordenadas da subestación do parque eólico modificado:

Modificación do parque eólico Montes de Abella

Coordenadas UTM

(fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM

(fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

Subestación

642.675

4.739.972

642.550,08

4.739.758,49

Coordenadas da torre meteorolóxica do parque eólico modificado:

Modificación do parque eólico Montes de Abella

Coordenadas UTM

(fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM

(fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

TM

643.043

4.740.096

642.918,58

4.739.881,87

Características técnicas das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:

– 5 aeroxeradores Acciona Windpower AW132 de 134 m de altura da buxa e 132 m de diámetro de rotor que xerarán unha potencia total de 14 MW.

Modificación do parque eólico Montes de Abella

Nº aeroxerador

Coordenadas UTM

(fuso 29 ED50)

Potencia unitaria

X

Y

1

642.057

4.740.320

3.000 kW

2

642.145

4.740.068

3.000 kW

3

642.267

4.739.824

3.000 kW

4

642.403

4.739.576

3.000 kW

5

643.338

4.739.866

2.000 kW

– 5 centros de transformación de 3.667 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 12/20kV instalados no interior da torre dos aeroxeradores, coa súa correspondente aparellaxe de seccionamento, manobra e protección.

– Subestación transformadora de 20/132 kV a que chegarán as liñas de 20 kV que transportan a enerxía producida nos xeradores do parque eólico modificado.

– Unha torre meteorolóxica de medición de ata 134 m.

– Liñas de media tensión subterráneas de 20 kV de tensión nominal, para a evacuación de enerxía xerada, de interconexión entre centros de transformación 12/20 kV e subestación transformadora 20/132 kV.

– Edificio de control que albergará as celas de distribución e as celas de protección e medida, así como as celas de mando e control.

– Camiños ou vías, para o acceso a aeroxeradores, torre meteorolóxica, edificio de control e subestación eléctrica.

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Inverólica de Abella, S.L. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, en 75.368 euros.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

2. Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG núm. 135, do 14 de xullo), o promotor efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

3. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulamentado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 37, do 23 de febreiro).

4. As instalacións autorizadas realizaranse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución que por esta resolución se aproba.

5. No caso de se manifestaren perturbacións na recepción do sinal da TDT, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, Inverólica de Abella, S.L. deberá adoptar as medidas necesarias para devolverlle á recepción do sinal as anteriores condicións de calidade.

6. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses contados a partir da obtención de todas as licenzas e permisos.

7. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación, incluídas as contidas na declaración de impacto ambiental formulada o 26.10.2017 pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

8. Conxuntamente coa solicitude de posta en servizo das instalacións, o promotor deberá presentar ante á dita xefatura territorial certificado do fabricante en que conste a limitación de potencia das máquinas, que garanta que a potencia instalada non supera en ningún momento a potencia autorizada por esta resolución

9. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, que lle resulten de aplicación.

10. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado

11. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

12. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 34.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

1. Alegacións presentadas durante o período de información pública indicado no antecedente de feito noveno:

Cayetano Maside Pérez, o 10.3.2017; Mª del Carmen Díaz Tallón, o 13.3.2017; Jesús Arias Pérez, no nome e representación da CMVMC Rapadas-Meda, o 14.3.2017; Amalia López Carballo, o 14.3.2017; Pedro López López, o 14.3.2017; Germán López Souto, o 14.3.2017; José Manuel Rodríguez Núñez, o 14.3.2017; Ramón Arias Sánchez, o 14.3.2017; Sandra Sobrado Bascuas, Juan Carlos Pérez Núñez, Sara Poy Arias, Manuela García Cordero, José López Iglesias, Pilar Tallón López, Juan Luis Viñas Landín, Mª Carmen Díaz Tallón, Concepción Díaz Tallón, Mª Pilar Díaz Tallón, Celia Díaz Regueiro, Manuel Valín Fernández, Benigno Maside Arias, o 27.3.2017; Juan Luis Viñas Landín, o 31.3.2017; Manuel Vázquez Díaz, o 3.4.2017; José Lago Castro, o 3.4.2017; Manuel Díaz Alfonso, o 3.4.2017; Manuel Díaz Alfonso, en nome e representación da CMVMC Santa María do Monte, o 3.4.2017; Luis Pereira Gago, no nome e representación da CMVMC San Pedro de Ermo, o 3.4.2017; Manuel Lago Torre, o 10.4.2017; Cayetano Maside Pérez, o 11.4.2017; Milagros Bruzos Pérez, o 11.7.2017.