Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 7 de febreiro de 2018 Páx. 8783

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2017/134-1).

Expediente: IN407A 2017/134-1.

Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: LMTS, CT urbanización Náutica-San Roque de Fóra.

Concello: A Coruña.

Feitos:

1. O 29 de agosto de 2017 a promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no Diario Oficial de Galicia núm. 217, do 15 de novembro de 2017 e no Boletín Oficial de provincia núm. 207, do 31 de outubro de 2017.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. A promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– Liña de media tensión soterrada a 15 kV (actuación nº 1), cunha lonxitude de 34 m, con orixe nos empalmes proxectados en LMTS SPV-713, no tramo entre o CT Archer Milton (expediente 246/2000) e o CT San Roque (expediente 16.575), condutor tipo
RHZ1-2OL-12/20 kV 1×240 mm2 AI, e final no CT nº 1 (entrada e saída).

– Liña de media tensión soterrada a 15 kV (actuación nº 2), cunha lonxitude de 90 m, con orixe en cela de liña no CT Almirante Cadarso (expediente 29.628), e o CS Ximnasio Estadio Riazor (15CKLX), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 1×240 mm2 AI, e final en empalmes proxectados en LMTS SPV-713, no tramo entre o CT Almirante Cadarso (expediente 29.628), e o CS Ximnasio Estadio Riazor (15CKLX), despois de realizar entrada e saída no CT nº 2 proxectado.

– Liña de media tensión soterrada a 15 kV (actuación nº 3), cunha lonxitude de 76 m, con orixe en empalmes proxectados en LMTS SPV-713, no tramo entre o CT Archer Milton (expediente 246/2000) e o CT San Roque (expediente 16.575), condutor tipo
RHZ1-2OL-12/20 kV 1×240 mm2 AI, e final no CT nº 3 (entrada e saída).

– Liña de media tensión soterrada a 15 kV (actuación nº 4), cunha lonxitude de 310 m, con orixe en cela de liña existente no CT Vivendas sociais Labañou (expediente 9.050), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 AI, e final en cela de liña existente no CT Labañou (expediente 2016/1299-1).

– Liña de media tensión soterrada a 15 kV (actuación nº 5), cunha lonxitude de 388 m, con orixe en cela de liña existente no CT P. Pre. Labañou (expediente 51.917), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 AI, e final en cela de liña existente no CT Perú (expediente 26.571), despois de realizar entrada e saída nos CT San Roque de Fóra (expediente 168/2000), CS Museo de Ciencia e Tecnoloxía (15CGVB) e Maestro Bernardino González (expediente 454/2005).

– Retirada do condutor existente tipo RHV-3×95 Al nas actuacións nº 4 e nº 5.

– Centros de transformación prefabricados, nº 1, nº 2 e nº 3 de 400 kVA cada un e relación de transformación 15.000/400 V.

O orzamento da instalación, segundo o proxecto, é de 211.942,15 euros.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Primero. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.

Segundo. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal se achegará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

Cuarto. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña