Xuízo verbal 392/2015
Sobre outras materias
Demandante: Federico Miranda Lage
Demandado: Imperio Clandestino
No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:
«Sentenza.
Ortigueira, 13 de decembro de 2016.
Vistos por min, Diana Vales Laguna, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único de Ortigueira, os presentes autos de xuízo verbal rexistrados co número 392/2015 nos cales interviñeron, como demandante, Federico Miranda Lage, e como demandada, a entidade Imperio Clandestino, declarada en rebeldía procesual...
Resolución.
Estimo totalmente a demanda e debo condenar e condeno a Imperio Clandestino a aboar a Federico Miranda Lage a contía de trescentos cincuenta euros (350,00), máis os xuros legais desde a data da primeira reclamación extraxudicial realizada o 12 de febreiro de 2014. Con imposición de custas á entidade demandada...».
E como consecuencia do ignorado paradoiro de Imperio Clandestino, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.
Ortigueira, 20 de xaneiro de 2017
O/a letrado/a da Administración de xustiza