Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2018 Páx. 7888

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación do servizo de limpeza das instalacións da escola municipal de artes e oficios.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Servizo de Educación. Nº de expediente: 350-613.

2. Obxecto do contrato: a prestación dos servizos de limpeza da escola municipal de artes e oficios, así como do mantemento correctivo e preventivo das súas edificacións e instalacións.

Lugar de execución: Concello de Vigo.

Prazo de execución: catro anos. Prórroga: dúas prórrogas dun ano cada unha.

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 562.249,29 euros. IVE aplicable á Administración: 118.072,35 euros. Orzamento total: 680.321,64 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono 986 81 01 48. Fax 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata 7 días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación igual ou superior ao prezo do contrato, ou estean en posesión da seguinte clasificación: grupo U, subgrupo 1 servizo de limpeza, categoría 1. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos (entenderase que este prazo remata o último día para a presentación de ofertas) que inclúa importe, datas e destinatario, público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato.

Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario, ou estar en posesión da seguinte clasificación: grupo U, subgrupo 1 servizo de limpeza, categoría 1.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o día 5 de marzo de 2018.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 22 de xaneiro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación