Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2018 Páx. 7887

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para o acceso a dúas prazas de policía local.

No BOP de Lugo número 279, do 5 de decembro de 2017, publicouse o Decreto 17009849, do 9 de novembro de 2017, relativo á convocatoria e ás bases específicas que rexerán o seguinte proceso selectivo:

Persoal funcionario (quenda mobilidade horizontal).

– Denominación das prazas: policía local.

– Grupo de titulación: grupo C; subgrupo C1; escala, administración especial; subescala, servizos especiais; clase, policía local; categoría, policía.

– Número de prazas: 2.

– Proceso selectivo: concurso entre funcionarios doutros corpos da Policía Local da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 14 de decembro de 2017

A alcaldesa
P.D. (Decreto 16005312, do 5.7.2016)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente de alcalde delegado da Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal