Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2018 Páx. 7890

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no terceiro cuadrimestre de 2017.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), faise pública a relación de convenios subscritos no terceiro cuadrimestre de 2017 por esta Sociedade.

Título

Obxecto

Data da sinatura

Achega económica da sociedade

Convenio de colaboración mediante o cal a empresa imparte un programa de formación práctica integrado no programa de formación empresarial FUAC

Realización de prácticas na empresa durante un período determinado para cada programa formativo. O programa está dirixido a universitarios e a través del poderán acceder ao coñecemento práctico das técnicas e da metodoloxía de traballo da empresa actual, como complemento da súa formación teórica.

14-nov-17

38.474,64 €, IVE incl.

Convenio de cooperación entre Sogama e a Deputación Provincial de Ourense para a realización da I campaña provincial de compostaxe doméstica na provincia de Ourense para os anos 2017-2018

Regular as condicións de financiamento da I Campaña de compostaxe provincial doméstica na provincia de Ourense por parte da Deputación Provincial e da Sociedade Galega do Medio Ambiente, así como a xestión e coordinación da posta en marcha e do funcionamento da campaña.

1-dec-17

40.000 €

Cerceda, 15 de xaneiro de 2018

Javier Domínguez Lino
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.