Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2018 Páx. 7817

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (266/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 266/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José Ferro Adrán contra a empresa Limpiezas El Polígono, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, se ditou a seguinte resolución:

«Acordo:

a) Declarar a executada Limpiezas El Polígono, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 439,55 euros en concepto de principal, máis outros 43,95 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens da executada, e expedir os testemuños das resolucións procedentes para a súa presentación ante o Fogasa, que poderán ser retirados nesta secretaría, unha vez que lle sexa notificado a presente resolución.

c) Unha vez firme esta resolución, inscribila no rexistro correspondente.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS)».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas El Polígono, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza