Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2018 Páx. 7815

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 264/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 264/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Digna María Redondo Fariña contra a empresa Inox Barbanza, S.L. e fondo de Garantía Salarial, se ditou a seguinte resolución:

«Acordo:

Declarar a executada Inox Barbanza, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 4.727,41 euros en concepto de principal, máis 472,74 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado, e expedir os testemuños das resolucións procedentes para a súa presentación ante o Fogasa, que poderán ser retirados pola parte executante nesta secretaría, unha vez que lle sexa notificado o presente decreto.

Unha vez firme esta resolución, inscribila no rexistro correspondente.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS)».

E para que sirva de notificación en legal forma a Inox Barbanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza