Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2018 Páx. 7852

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 18 de xaneiro de 2018 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola de 1,58 ha da parcela 269 do polígono 3, ZCP 5, do termo municipal da Pontenova.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 18 de xaneiro de 2018, o cambio de actividade de forestal a agrícola de 1,58 ha da parcela 269 do polígono 3, ZCP 5, do termo municipal da Pontenova (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 29.11.2017.

Lugo, 19 de xaneiro de 2018

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo