Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2018 Páx. 7853

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador INC-PO-0097/2017-LSA e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícanse ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rúa Fernández Ladreda, número 43, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 19 de xaneiro de 2018

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0097/2017-LSA.

Denunciado: José Vicente Villar Vahamonde.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0143/2017-IUL.

Denunciado: Manuel Silva Juncal.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: MON-PO-0126/2017-DIA.

Denunciada: Carmen Moldes Mallo.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: SAN-PO-0060/2017-RE.

Denunciado: Serafín Barros García.

Acto de notificación: acordo de incoación.