Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2018 Páx. 7851

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de xaneiro de 2018, do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra, polo que se comunica a aprobación das bases de reestruturación parcelaria da zona de Oubiña, 2º sector, Cambados.

Comunícase a todas as persoas interesadas na reestruturación parcelaria da zona de Oubiña, 2º sector (Cambados-Pontevedra) que, con data do 18 de decembro de 2017, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou a resolución que a seguir se cita:

«Á vista do resultado do procedemento de elaboración das bases de reestruturación parcelaria da zona de Oubiña, 2º sector (Cambados-Pontevedra), da recomendación de continuidade do dito procedemento emitida no correspondente informe polo Comité Técnico Asesor e do informe favorable do Servizo Provincial de Infraestruturas Agrarias, oída a Xunta Local da zona, ao abeiro do disposto polo artigo 26 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, polo presente acto apróbanse as bases de reestruturación parcelaria da zona de Oubiña, 2º sector (Cambados-Pontevedra).

A Xefatura do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra disporá a súa notificación e publicación nos termos legalmente establecidos».

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción persoal ou da publicación substitutiva.

Pontevedra, 18 de xaneiro de 2018

Mª José Pérez Gil
Xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra