A titularidade do centro privado Royal School de Culleredo solicita a extinción da autorización do segundo ciclo de educación infantil, por cesamento de actividades.
O expediente tramítase de conformidade co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.
Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1
Extinguir, de conformidade co artigo 17.1 do Decreto 133/1995, por cesamento nas súas actividades docentes, por instancia da titularidade do centro, a autorización do segundo ciclo de educación infantil no centro privado Royal School de Culleredo, código 15032996.
Artigo 2
A presente extinción da autorización dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Disposición derradeira
Esta orde terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2018
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria