Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2018 Páx. 7669

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 31 de xaneiro de 2018 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga que afectará o persoal da empresa que presta servizos de limpeza no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, que se desenvolverá con carácter indefinido a partir das 00.00 horas do 5 de febreiro de 2018.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece como dereito fundamental da persoa o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG núm. 116, do 20 de xuño), entre os que se encontra a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación con este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros ou conselleiras competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para determinar o persoal necesario para a súa prestación.

Os representantes do persoal da empresa Ferrovial Servicios, S.A.U., que presta servizos de limpeza no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, comunicaron a convocatoria dunha folga que se desenvolverá, con carácter indefinido, desde as 00.00 horas do día 5 de febreiro de 2018.

Unha vez outorgada audiencia ao comité de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1

A folga referida entenderase condicionada ao mantemento dos servizos mínimos, segundo os criterios que se establecen nesta orde.

A folga convocada afecta a todos os/as traballadores/as da empresa Ferrovial Servicios, S.A.U., que prestan servizos de limpeza no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e ten carácter indefinido. En consecuencia, tivéronse en conta para a determinación dos servizos esenciais os seguintes factores para a cobertura da seguridade en relación coa hixiene do medio ambiente sanitario: o risco para os/as pacientes, usuarios/as e traballadores/as derivado da realización de actividades e uso de materiais que sexan potencialmente contaminantes, a imposibilidade de demorar a prestación da asistencia e o volume de pacientes atendidos.

De acordo coa motivación anterior, os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a axeitada cobertura do servizo esencial de asistencia sanitaria, para os efectos de evitar que se produzan graves prexuízos á cidadanía. E ao propio tempo responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible do exercicio do dereito á folga coa atención á poboación, que baixo ningún concepto pode quedar desasistida, dadas as características do servizo dispensado.

Estas circunstancias, unidas á necesidade de garantir a presenza dun mínimo de persoal que poida atender de forma permanente a actividade imprescindible nese ámbito, conducen á adopción dos seguintes criterios reitores na determinación dos efectivos necesarios para o mantemento dos servizos esenciais:

– Días laborables:

I. Urxencias, laboratorio de urxencias, radiodiagnóstico de urxencias, UCI, área cirúrxica, reanimación poscirúrxica, reanimación cardíaca, oncoloxía radioterápica, hematoloxía, hospital de día e diálise: o persoal preciso para garantir o 100 % das presenzas e prestación de limpeza habituais.

II. Radioloxía intervencionista, esterilización e hospitalización: o persoal preciso para garantir o 70 % das presenzas e prestación de limpeza habituais.

III. Restantes áreas: o persoal preciso para garantir o 50 % das presenzas e prestación de limpeza habituais.

– Domingos e días festivos: o persoal preciso para garantir o 100 % das presenzas e prestación de limpeza habituais nos domingos e festivos.

Artigo 2

A determinación do persoal necesario con base no criterio anterior faraa a empresa coordinadamente coa Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, debendo estar a súa fixación adecuadamente motivada.

A xustificación debe contar no expediente de determinación de mínimos e exteriorizarse axeitadamente para o xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as presenzas mínimas.

O persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicado nos taboleiros de anuncios con antelación ao comezo da folga.

A designación nominal dos efectivos que deben cubrir os servizos mínimos, que deberá recaer no persoal de xeito rotatorio, será determinada pola empresa e notificada ao persoal designado.

O persoal designado como servizo mínimo que desexe exercer o seu dereito de folga poderá instar a substitución da súa designación por outro/a traballador/a que voluntariamente acepte o cambio de xeito expreso.

No anexo desta orde recóllese o número de presenzas mínimas acordado para cubrir as xornadas de folga.

Artigo 3

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE núm. 58, do 9 de marzo).

Artigo 4

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos/das usuarios/as dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sanción con base nas normas vixentes.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2018

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Centro

Risco

%

Luns a venres

Sábados 100 %

Domingos/festivos 100 %

Mañá

Tarde

Noite

Mañá

Tarde

Noite

Mañá

Tarde

Noite

Cristal

Alto risco (área I)

100

19

12,25

3

12

6,25

2

7,75

5,25

2

Medio risco (área II)

70

16,275

9,625

14

9,5

10

6,5

Baixo risco (área III)

50

2,5

0,75

2

0,75

1,25

0,75

H2050 (edificio de hospitalización)

Alto risco (área I)

100

1

0,75

0,5

0,5

0,5

0,5

Medio risco (área II)

70

10,675

5,6

8,25

6

6,5

6

Baixo risco (área III)

50

0,75

0,375

0,25

0

0

0

Santa María Nai

Alto risco (área I)

100

0

2,25

0

0

0

0

Medio risco (área II)

70

1,05

3,5

0,75

5

0,75

1

Baixo risco (área III)

50

0,75

0,375

1,25

0

1,25

0

Piñor

Alto risco (área I)

100

0

0

0

0

0

0

Medio risco (área II)

70

2,8

1,4

3

1

3

1

Baixo risco (área III)

50

0,5

0

0

0

0

0

A unidade (1) equivale á presenza dun efectivo.