Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2018 Páx. 7506

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 12 de xaneiro de 2018 pola que se notifica a resolución do recurso de reposición contra a resolución do 24 de marzo de 2014 (expediente IU2/40/2013-R1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 21 de xullo de 2016, ditou resolución pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto por María del Mar Farto Couñago contra a resolución da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística do 24 de marzo de 2014 pola que declaran ilegalizables as obras de construción dunha vivenda unifamiliar de madeira de planta baixa sobre unha cimentación de formigón, no lugar de Borrateiros, nº 4, Figueirido, no termo municipal de Vilaboa, Pontevedra, ao resultaren incompatibles co ordenamento urbanístico vixente, e se ordena a súa demolición á custa da interesada, coa prohibición dos usos a que desen lugar, confirmando, en consecuencia, a resolución impugnada, e se alza a suspensión do acto administrativo obxecto de impugnación.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a María del Mar Farto Couñago, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición onde radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística