Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2018 Páx. 7055

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 23 de xaneiro de 2018 pola que se modifica a Orde do 28 de xullo de 2017 pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 7 de abril de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 17 de abril).

Logo de estimados os recursos de alzada que formularon Begoña Fernández Osorio e Saúl Ares Iglesias en relación co procedemento selectivo convocado pola Orde do 7 de abril de 2017, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLVE:

Primeiro

Modificar a Orde do 28 de xullo de 2017 (DOG do 23 de agosto) pola que se fai pública a relación do persoal aspirante que superou o concurso-oposición nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 7 de abril de 2017, incluíndo nesa relación a:

Especialidade

Quenda

NIF

Apelidos e nome

Puntos oposición

Puntos concurso

Concurso-oposición

Educación Primaria

L

****1891*

Fernández Osorio, Begoña

6,4730

5,1720

6,0393

Debe incluírse na lista desta especialidade e colocarase a continuación de Cousillas Abelenda, Adriana (DNI ****1183*)

Idioma estranxeiro: Inglés

L

****8485*

Ares Iglesias, Saúl

6,8520

5,3240

6,3247

Debe incluírse na lista desta especialidade e colocarase a continuación de Fernández Suárez, Daniel (DNI ****8558*)

Segundo

O disposto no punto anterior supón a modificación do número de orde da lista de persoas aprobadas nestas especialidades que figuraban na Orde do 28 de xullo de 2017 (DOG do 23 de agosto).

Terceiro

Begoña Fernández Osorio é nomeada funcionaria en prácticas con efectividade administrativa e económica do 23 de novembro de 2017.

Saúl Ares Iglesias é nomeado funcionario en prácticas con efectividade administrativa e económica do 2 de xaneiro de 2018.

Cuarto

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas que sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.

Quinto

Contra esta orde, que lle pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade coa Lei 29/1988, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria