A Orde da Consellería de Facenda do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 85, do 4 de maio), pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, dispón na base II.1.1.1 que o prazo máximo para a realización do primeiro exercicio será de 40 días hábiles contados desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.
A dita constitución tivo lugar o día 9 de decembro de 2017.
Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo a que se fai referencia no parágrafo primeiro, polo que, consonte coa proposta elevada polo tribunal cualificador e de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería
DISPÓN:
A ampliación do prazo de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía en vinte días hábiles.
Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe ningún recurso, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2018
Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda