Por acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Vilalba, celebrada o día 15 de xaneiro de 2018, aprobáronse as bases de selección e convocatoria dunha praza de técnico medio de xestión para a cobertura temporal, mediante personal laboral, ligada á Área de Urbanismo e a conformación dunha bolsa de emprego.
O prazo de presentación de instancias é de cinco días naturais contados a partir do seguinte ao da última publicación da convocatoria nos seguintes medios: Portal de transparencia, taboleiro de anuncios do Concello de Vilalba, Boletín Oficial da provincia de Lugo, Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial del Estado.
As persoas interesadas poderán consultar as bases no taboleiro de anuncios da casa do concello e na páxina web do Concello de Vilalba (http://vilalba.sedelectronica.es).
Vilalba, 23 de xaneiro de 2018
Agustín Baamonde Díaz
Alcalde