Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2018 Páx. 6815

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO de convocatoria e das bases xerais e específicas para prover unha praza de técnico superior en Arquivística do cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Lugo.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 241, do 20 de outubro de 2017 publícase a convocatoria, as bases xerais e as bases específicas para prover a seguinte praza:

Número de vacantes: unha. Denominación: técnico superior en Arquivística, escala de Administración especial, subescala técnica-técnicos superiores. Sistema de provisión: oposición libre, oferta de emprego 2016, grupo A, subgrupo A1.

Presentación de solicitudes: presentaranse no modelo oficial que figura xunto ás bases xerais e específicas (BOP núm. 241, do 20 de outubro de 2017 (páxina 21) e na páxina web www.deputacionlugo.org

Lugar de presentación: Rexistro Xeral desta entidade ou a través das formas establecidas no artigo 16 da vixente Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Órgano a quen se dirixe: dirixiranse ao presidente da Deputación Provincial de Lugo.

Prazo de presentación: vinte días naturais contados a partir do día seguinte da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Documentación que deberá acompañar necesariamente a solicitude dentro do prazo de presentación de solicitudes:

– Documentación acreditativa de ter aboados 15,00 € en concepto de taxa por participación en procesos selectivos ou 3,75 € se acreditan documentalmente, mediante certificacións do Servizo Público de Emprego correspondente, a súa condición de seren desempregados e de non percibir prestación de desemprego na súa modalidade contributiva.

– As ditas taxas ingresaranse directamente nas oficinas da Tesouraría da Deputación Provincial de Lugo ou mediante transferencia bancaria na conta número ES04 2080 0163 85 3110000423 de Abanca, ou mediante xiro postal dirixido á tesouraría desta entidade.

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que deriven da convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo e/ou no taboleiro de edictos desta corporación.

Lugo, 9 de xaneiro de 2018

O presidente
P.D. (Decreto nº 0402/2017, do 24 de febreiro)
Pablo Rivera Capón
Deputado provincial de Lugo