Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2018 Páx. 6812

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2018 pola que se anuncia licitación pública para a contratación do proxecto de renovación da primeira planta do mercado municipal de Pontevedra, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo de Pontevedra, 2014-2020.

missing image file

Actuación cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) cunha taxa de cofinanciamento do 80 %, dentro do programa operativo Feder de crecemento sustentable 2014-2020, enmarcado dentro da Estratexia de desenvolvemento urbano sustentable e integrado de Pontevedra, de conformidade coa Resolución do 12 de decembro de 2016 da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos do Ministerio de Facenda e Función Pública (BOE do 14 de decembro).

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, Michelena, nº 30, 36001 Pontevedra. Télefono: 986 80 43 29. contratacion@pontevedra.eu. www.pontevedra.gal. Órgano de contratación: Xunta de Goberno local. Código NUTS: ES114.

2. Obtención da documentación e información: Servizo de Contratación. Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 886 21 28 43. www.pontevedra.gal. http://sede.pontevedra.gal.

3. Obxecto: renovación da primeira planta do mercado municipal de Pontevedra. Prazo de execución: 2 meses. Prórroga: non.

4. Revisión prezos: non. Variantes: non.

5. Códigos CPV08: 45000000-7, 45213140-6, 45451000-3.

6. Acreditación de solvencias económica e técnica: efectuarase a través dos medios que se determinan no artigo 11.4 do Real decreto 1098/2001, e deberase xustificar o limiar mínimo que tal precepto establece.

7. Procedemento e forma de adxudicación: aberto criterios dous tipos. Anexo II PCAP.

8. Orzamento base de licitación: 230.820,48 € máis o IVE 48.472,30 €. O orzamento total é de 279.292,78 €. Existe crédito orzamentario preciso para atender as obrigas económicas que deriven da contratación, con cargo á partida orzamentaria 2018-08431263200. O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo de Pontevedra, 2014-2020.

9. Garantías. Provisional: non. Definitiva: 5 %.

10. Presentación de ofertas: cláusulas 6 e 7 do PCAP. Lugar: Oficina de Asistencia ao Rexistro do Concello de Pontevedra.

11. Criterios de adxudicación e apertura das ofertas: segundo o establecido no prego.

– Criterios avaliables automaticamente por aplicación de fórmulas:

B.1. Oferta económica: de 0 a 89,40 puntos.

B.2. Oferta económica en relación coas melloras que se van ofertar: de 0 a 10,60 puntos.

Pontevedra, 8 de xaneiro de 2018

O alcalde
P.D. (Resolución do 21.4.2017)
Raimundo González Carballo
Concelleiro da Área de Contratación e Facenda