Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2018 Páx. 6382

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3475/2017).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 3475/2017GA

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 345/2014 Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

Recorrentes: Fiatc Mutua de Seguros y Reaseguros A Prima Fija, Inizia Ingeniería Prevención y Medio Ambiente, S.L., Markel International Insurance Company Limited Sucursal en España

Avogados: Iuliana Madalina Dendiu, Francisco Martínez Hervas, Francisco Martínez Hervas

Procuradores: Senen Soto Santiago, Patricia Cabido Valladar, Patricia Cabido Valladar

Recorridos: Plus Ultra Seguros Generales y Vida, S.A., Javier Gende García, Govisa Ingeniería y Montajes, S.L., Grupo Ingemetal Ingeniería y Construcciones Metálicas, S.A., Gruinsa Grúas Industriales de Salamanca, S.A., Mantenimientos Industriales Palacín-Ara, S.L., Mipar, S.L., administración concursal de Govisa (Darío Fernández Fernández), administración concursal de Gruinsa (Carlos Álvarez Fernández)

Avogados: José Manuel Amoedo Villar, Andrés Méndez González, Jacobo Farto Bas

Procuradores: Juan Lage Fernández-Cervera, María del Amor Angulo Gascón, María José Giménez Campos

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 3475/2017 desta sala, seguido por instancia das empresas Fiatc Mutua de Seguros y Reaseguros A Prima Fija, Inizia Ingeniería Prevención y Medio Ambiente, S.L. e Markel International Insurance Company Limited Sucursal en España contra Plus Ultra Seguros Generales y Vida, S.A., Javier Gende García, Govisa Ingeniería y Montajes, S.L., Grupo Ingemetal Ingeniería y Construcciones Metálicas, S.A., Gruinsa Grúas Industriales de Salamanca, S.A., Mantenimientos Industriales Palacín-Ara, S.L., Mipar, S.L., administración concursal de Govisa (Darío Fernández Fernández), e administración concursal de Gruinsa (Carlos Álvarez Fernández) sobre outros dereitos Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

«Fallamos

1. Estimamos en parte os recursos de suplicación interpostos por Fiatc Mutua de Seguros y Reaseguros, e por Inizia Ingeniería de Prevención y Medio Ambiente, S.L., e Markel Internacional Insurance Company Limited, e revogando en parte a sentenza de instancia, acordamos:

1º. As dúas aseguradoras recorrentes aboarán os xuros do artigo 20 LCS obxecto de condena na sentenza de instancia desde a sentenza, e na contía do 20 % anual que fixa tal precepto.

2º. Todo iso confirmando o resto dos pronunciamentos da sentenza de instancia.

3º. Sen condena en custas.

4º. Devólvanse os depósitos para recorrer, unha vez esta sentenza sexa firme.

5º. Déaselle ás consignacións efectuadas o destino legalmente previsto, unha vez esta sentenza sexa firme.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mantenimientos Industriales Palacín-Ara, S.L. Mipar, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza