Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2018 Páx. 6131

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 343/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 343/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Segade Pulleiro contra a empresa Movilidad y Aparcamientos, S.L., Acvil Aparcamientos, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Fallo que, desestimando integramente a demanda interposta por José Antonio Segade Pulleiro, contra Movilidad y Aparcamientos, S.L. e Acvil Aparcamientos, S.L., debo absolver e absolvo as demandadas das peticións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Movilidad y Aparcamientos, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza